Friday 03 de May de 2024

A Coruña celebra o Campionato Galego de Atletismo Sub-10 e Sub-12 con preto de 600 nenos e nenas de toda Galicia


O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, entregou as primeiras medallas da competición e destacou a importancia da promoción do deporte de base

Coruña acolle hoxe a celebración do XVII Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub10 en Pista Curta e o XIX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub12. A cita, promovida pola Federación Galega de Atletismo en colaboración co Concello da Coruña, afonda
no obxectivo do Goberno de Inés Rey de consolidar a cidade como escenario de grandes eventos deportivos en Galicia.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, entregou as primeiras medallas da xornada aos atletas gañadores e destacou a importancia do apoio ao
deporte de base dende as idades máis temperás. “É un pracer que nenos e nenas de toda Galicia enchan A Coruña nesta festa do deporte, acollendo a competición autonómica máis importante do novo atletismo galego” sinalou.

En total, máis de 600 nenos e nenas daranse cita no Palacio dos Deportes de Riazor ao longo da xornada en diferentes modalidades (peso, lonxitude,
altura e carreira), durante todo o día de hoxe. Todos os resultados poden seguirse en liña na web
http://ranking.atletismo.gal/online/2024/CORUNA/2024-03-10/.